Paintball

AGORA TAMEN PAINTBALL INFANTIL DENDE OS 7 ANOS!!

Paintball a partir de 25 euros.

Se precisas liberar adrenalina ao aire libre, non o dubides máis!

Reserva XA!

Bosque de 20.000m2

Un campo de Paintball en Ourense debe ter sombra. En Diviértete, deseñamos varios escenarios nun espazo de 20.000 metros cadrados, con árbores incluidas bordeando o río Miño.

A só 5 euros gozarás das túas recargas de 100 bolas de pintura.

14 anos de experiencia.

En Diviértete xa levamos máis de 14 anos guiando actividades de paintball. Somos capaces minimizar o risco da actividade mentres maximizamos a vosa diversión. 14 anos. ¿Por algo será?

Prezos

Aquí atoparás o listado de prezos. Se tés alguna dúbida, ponte en contacto connosco.


[/et_pb_pricing_table]

Pack Total

35/xogador
  • Inclúe 400 bolasTodos os prezos inclúen: funda, máscara, peto protector, marcadora de pintura con gas, as bolas indicadas, monitor e seguro de Responsabilidade Civil.
Reserva XA!

¿Como?…¿Onde?…

¿Cómo se realiza a actividade?

Ao chegar ao noso centro de ocio, o noso monitor explicaravos as normas de seguridade a seguir ao longo da actividade. Despois repartirá fundas, chalecos protectores de peito e lombo, máscaras protectoras e unha marcadora de pintura.

Durante o xogo, o noso monitor encargarase de ir administrando e racionando todas as bolas de pintura para que poidades xogar o máximo número de misións posibles. As partidas teñen una duración de entre 5 e 10 minutos. Así, se un xogador cae eliminado ao inicio tan só terá que esperar uns minutiños para volver xogar… e seguir gozando da actividade.

A duración estimada da actividade, entre que chegades, vos cambiades e se realizan os xogos, é de dúas horas.
Ao inicio da actividade decidiredes o número de bolas por persoa que desexedes mercar pero, se ao finalizar queredes seguir un pouco máis, podedes comprar unhas recargas e seguir xogando.

O noso campo.

En Diviértete Laias apostamos pola descarga de adrenalina. Deseñamos varios escenarios nun espazo de 30.000 metros cadrados, con árbores inclídas bordeando o río Miño. Disfrutaredes dun espectacular campo de bosque, para que poidades probar cada unha das sensacións deste novo deporte.

E como sabemos que unhas imaxes explican moito máis ca mil palabras, descúbreo na nosa sección vídeos. Pero só existe un xeito de saber o que é o paintball ….atréveste a averigualo?

¿Que traer?

Pouca cousa…

Ao chegar ao noso centro, repartirémosvos fundas que poredes sobre a vosa roupa, un chaleco protector para o peito e o lombo e unha máscara.

Recomendámosvos que levedes un calzado e unha roupa cómoda. Se son deportivos (chándal e tennis ou botas de montaña) mellor que mellor.

Tamén vos recomendamos que traïades algunha roupa de recambio.

Non o penses máis!

Se precisas máis información, contacta conozco.

¡Contacta con nós!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Más info

aceptar